Decálogo para el Sexting Seguro

PantallasAmigas, Xunta de Galicia e sexting:

informar, sensibilizar, empoderar

Cando falamos de sexting desde PantallasAmigas e dende a Xunta de Galicia, estamos tratando do envío de imaxes (fotografías ou vídeos) íntimas de forma voluntaria por parte de quen as protagoniza a outra persoa por medio do smartphone. Esta é a acepción máis habitual do termo, se ben a palabra sexting tivo un primeiro significado cando as mensaxes enviadas eran apenas textos eróticos e tiveron variadas interpretacións posteriores, tamén suxeitas ao uso de cada país.

O sexting, desde o punto de vista de PantallasAmigas e da Xunta de Galicia, e en relación coa súa misión de promover os dereitos de nenas, nenos e adolescentes na contorna dixital e en particular de fomentar o uso saudable das tecnoloxías da Internet, é abordado como unha práctica da que en ocasións se desprenden consecuencias negativas para as persoas implicadas.

É preciso sinalar que a problemática do sexting, tal como foi definido no parágrafo anterior, é moi similar á de outras formas que na práctica supoñen compartir imaxes íntimas (webcamming, por exemplo) e por iso en ocasións poden ser semellantes as consecuencias e as recomendacións.

Sextear é unha práctica que, con crecente prevalencia, forma parte das relacións entre persoas dun abano de idades cada vez máis amplo pero que debe considerarse de risco dado que a persoa que o realiza en moitas ocasións resulta vitimizada. Os danos que sufre a vítima son en moitas ocasións realmente graves e irreparables e por iso o esforzo de PantallasAmigas e da Xunta de Galicia en evitalos.

Se aínda o estás pensando,
ten en conta tamén o seguinte

Xunta de Galicia
PantallasAmigas